Formación

Os profesionais de ACLAD actualizan de forma constante os seus coñecementos, habilidades e actitudes, a través dun proceso de formación continuadas e co obxectivo de atendelas demandas e necesidades sociais e sanitarias dos drogodependentes e melloralo sistema asistencial adaptándoo os avances científicos e tecnolóxicos.

Dende fai anos, vimos desenrolando tamén actividades de formación, docencia e investigación, en colaboración con distintas institucións nacionais.

Esta  labor investigadora do equipo de ACLAD foi premiada en diversas ocasións cos galardóns de máximo nivel existentes en Galicia.

Programas de investigación:

Colaboramos en teses, memorias de licenciatura, traballos de fin de grao, artículos científicos en prensa especializada. Asistimos como poñentes ou invitados a congresos, masters universitarios, cursos de especialización a nivel autonómico, nacional e internacional.

Tamén, dende o departamento de Psicoloxía Clínica, estamos elaborando novas probas de evaluación psicolóxica, guías clínicas, material audiovisual

Formación de alumnado:

Dende o ano 1986 realízanse prácticas universitarias con alumnos das seguintes universidades:

Psicoloxía (USC), Medicina (USC),Traballo Social (USC), Enfermería (UDC), Educación Social (UDC), Psicopedagogía (UDC),  CC. Educación (USC), Educación Social(USC), Educación Social (UDV), Psicoloxía (UNED), Educación Social (UNED), Psicopedagoxía (UNED) e diversos Practicums de Masters Universitarios en Drogodependencias da Universidade de Santiago, da Universidad Complutense de Madrid, do Instituto Deusto de Drogodependencias, da Universidad de Málaga, e da  Universidad de Granada, entre outras institucións.

Tamén colaboramos na formación de médicos residentes especialistas en psiquiatría e medicina de familia, principalmente, dentro das actividades formativas do CHUAC.