Preguntas frecuentes

COMO PODO SABER SE TEÑO PROBLEMAS DE ADICIÓN?

Para saber se tes una adición podes compararte con algunha das seguintes afirmacións: negar que tes un problema inda que todo o mundo cho fai ver; ter dúbidas sobre o teu consumo; sentir obsesión e compulsión por algunha sustancia; que se vexan afectados os teus entornos familiar, social, laboral y/o escolar por mor do consumo; afirmar que vas deixalas sustancias sen conseguilo; chantaxear e endebedarte para consumir; buscar escusas para tódolos teus fallos; ser deshonesto ou egoísta cos teus seres queridos con tal de consumir.

 

“ Unha adición, é un problema de saúde. Aceptar que precisas axuda é o primeiro paso da túa rehabilitación”

POR QUE DEBES PEDIR UNHA CITA?

Se os teus amigos, a túa familia ou no traballo téñenche dito que “te pasas” cando saes por aí. Se por mais que intentas consumir menos, non es quen de facelo. Se gastas máis do previsto en drogas ou similar, se prefires consumir antes que outras cousas que soias facer.

Debes pedir una cita para os nosos profesionais valoren o teu caso e poidan ofrecerte opción de tratamento.

O consumo de drogas altera a vontade, polo que inda que esteas moi convencido de deixalo pola túa conta, ACLAD ofréceche axuda profesional para que consigas acadalo teu obxectivo

COMO PODO AXUDAR A UN ADICTO?

Informándote e solicitando a axuda de especialistas en adiccións en centros profesionais acreditados.

A persoa que ten un trastorno aditivo precisa un tratamento, podes ofrecerlle o teu apoio para ser tratado. Nos lle culpes, non lle ataques, non lle reproches. Pero ofrécelle una única opción para ter ese apoio: facer este tratamento e, sobre todo, non colabores no mantemento da súa adicción.

COMO DEBO ACTUAR ANTE UNHA PERSOA INTOXICADA POLO USO DALGUNHA DROGA?

Debes mantela calma e non enfrontarte á persoa intoxicada, xa que pode actuar de modo pouco congruente. Recomendase chamar a emerxencias se a persoa presenta trastornos da conduta, lentitude xeralizada, euforia, falta de coordinación, marcha inestable, diminución dos reflexos, tremores, alteracións respiratorias, rixidez muscular, boca seca ou pastosa, convulsións, angustia ou paranoia. A pronta atención salva una vida.

CANTO TEMPO PODESE VIVIR CONSUMINDO DROGAS?

Non se pode determinar un tempo de vida xa que cada droga e cada organismo son diferentes. O que si é indiscutible é a redución da calidade de vida das persoas adictas. Una vez xerada a adicción, a vida do adicto vaise deteriorando ata rompelos seus lazos familiares e emocionais, perdida do traballo, etc…

QUE CONSECUENCIAS FAMILIARES TEÑEN AS ADICCIONS?

O consumo de drogas afecta a todo o entorno familiar do adicto. É moi habitual a disfunción e desintegración familiar, o abuso físico, psicolóxico, etc. Afecta á integridade da familia. Provoca en fillos e parellas inseguridade, medo, temor, soidade, frustración, tristeza, culpabilidade, ansiedade, etc…

CANDO SE TOCA FONDO?

Cando o adicto experimenta o abandono, rechazo, soidade e outras perdas asociadas ó consumo e estes sentimentos empezan a dar un contrapunto negativo a ese consumo.

Tócase fondo físico, emocional, familiar e económico, o que moitas veces serve de aliciente para querer cambiar e pedir axuda.

SE CONSUMO DROGAS ESPORÁDICAENTE ¿QUÉ ME PODE OCORRER?

Tódalas adiccións créanse a partires dun consumo esporádico. Os consumidores de drogas pensan que non caerán na adicción e que controlarán o seu modo de consumilas drogas e/ou o alcohol. As persoas con trastornos aditivos comezaron probando e seguro que nunca quixeron ser adictos, pro houbo un momento no que cruzaron a liña invisible entre o consumo e a súa adicción. A mellor maneira para non perder e non xogar. Non probes.

QUE É UNA SOBREDOSE?

Unha sobredose pode ir acompañada de perigo de norte. Prodúcese pola chegada masiva de droga ó organismo. Trátase dunha intoxicación aguda, potencialmente letal, que produce a perda da conciencia, lentitude do pulso cardíaco e respiración, e pode conducir a un estado de coma e risco de norte. Débese avisar a emerxencias. Unha intervención urxente a tempo pode salvar una vida.

QUÉ RISCOS EXISTEN DURANTE O EMBARAZO SE SE CONSUMEN DROGAS?

Os riscos de consumo durante o embarazo soen ser graves e preocupantes.

 

As drogas consumidas non só danan ó organismo da embarazada, senón tamén ó do bebé a través da placenta podendo provocarlle danos físicos e mentais severos. Incrementa o risco de mortalidade infantil, xera deformidades no desenrolo do corazón, extremidades, sistema nervioso, ollos e na fisonomia.

 

Existe o risco de aborto espontáneo ou de que o bebé morra. Outros problemas asociados ó consumo durante ó embarazo é que o recen nacido presente síntomas de abstinencia ou teña problemas de aprendizaxe e comportamento.

QUÉ PASA SE CONSUMO DROGAS E TEÑO ALGÚN PROBLEMA MENTAL?

Cando ó consumo de drogas convértese nun trastorno aditivo considérase una enfermidade mental; por iso, se a maiores do problema de adicción tes outros problemas relacionados coa saúde mental, o uso de drogas empeora a situación, o pronóstico e a evolución, fai máis difícil que a medicación funcione, e dificulta un estilo de vida estable.
Moitas persoas a tratamento pola súa adicción tiñan outra enfermidade mental previa ó consumo e, noutras, o consumo de drogas facilitou a aparición dunha enfermidade mental.