Prevención

Un dos obxectivos principais que nos expuxemos en ACLAD é sensibilizar á sociedade en xeral para reducir a tolerancia social cara ás drogas. Para iso entendemos que unha das ferramentas máis importantes é  a prevención.

A través de diferentes actividades de enfoque bio-psico-social e multidisciplinar dirixidas a colectivos sensibles da nosa contorna: alumnado de ESO, universitarios, menores en situación de risco. Pretendemos diminuír a incidencia de novos consumidores e atrasar a idade de inicio no consumo.

Tamén aplicamos estratexias de prevención secundaria para reducir os danos asociados ao consumo, organizando talleres grupales adaptados ás necesidades de cada sector.

Educación Secundaria Obligatoria (ESO):

O taller chámase Tod@s contamos. Está dirixido a toda a comunidade escolar do Concello da Coruña: alumnos, profesores, orientadores, familia. Aborda aspectos xerais das drogas, legais e ilegais, e a adicción.

Educación universitaria:

En colaboración coa Oficina de Cooperación y Voluntariado de la Universidad de a Coruña ACLAD promove o Curso de Mediadores para a Saúde e Prevención en Drogodependencias para formar e sensibilizar ao alumnado ofrecendo a posibilidade de vincularse a futuros proxectos de prevención e promoción da saúde. Esta iniciativa esténdese ao Campus de Ferrol

Descargar “Guía para pais”

Novos proxectos

Actuacións Selectivas

Familiar: Traballamos con familias de xóvenes con consumo ou en situación de risco dentro dos propios centros escolares.

Centro de menores: Colaboramos na valoración e tratamento de internos do Centro de Menores Concepción Arenal e do Centro de Menores María Inmaculada de Miño, xunto a Camiña Social e os equipos de traballo dos propios centros. Deseñamos de forma conxunta accións encamiñadas a mellorar a capacidade de rexeitamento ás drogas e toma de decisións dos menores.

Punto de AdicciON/OFF

Punto se asesoramento e orientación sobre drogas e adiccións posto en marcha en 2012 en colaboración co Concello de Culleredo.

O proxecto ten como finalidade achegar os cidadáns información sobre as consecuencias do consumo, estratexias para abordar esta problemática e, en última instancia, derivar a quen o precisa ó noso centro asistencial na Coruña para valoración e tratamento, se se estima oportuno.

O Punto de AdicciON/OFF está no Centro Municipal de Servizos Sociais do Burgo, calle Costa da Lonxa, nº 7 bj. É un servizo gratuito e confidencial.

Tes máis información do punto AdicciON/OFF no 981 654 570 ou no mail sanidade@culleredo.org.