Unidade Asistencial (UAD)

En funcionamento dende 1981, a Unidade Asistencial de Drogodependencias (UAD) é a nosa central administrativa e asistencial.

Na UAD realizámola primeira toma de contacto cos pacientes e os seus familiares. Lévanse a cabo os procesos de orientación, acollida, diagnostico e deseño de programas de intervención adaptados as necesidades de cada individuo.

A cada paciente asignáselle un médico psiquiatra, un psicólogo e un traballador social. De forma multidisciplinar os nosos profesionais procuran asistencia bio-psico-social os demandantes do servizo asistencial que inclúe, ademais, información dentro da área económica, laboral e formativa.

Tamén orientamos e damos apoio a familiares e acompañantes para que poidan axudar no proceso da mellora do pacente.

CONTACTA con nós.

O importante é atopar solucións.

Contacta con nós.

Informarémosche das opcións asistenciais más axeitadas para cada caso.

Non prestamos servizos de urxencias médicas.

No caso de precisar atención urxente é necesario acudir ós servizos ordinarios de urxencia nos Puntos de Atención Continuada y Servicio de Urxencias de SERGAS.

Visita o noso blog